EconomíaEconomíaÚltima hora

O alcalde de Sober, reelixido presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Participantes no pleno do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra celebrado o 9 de outubro en Sober./ Foto cedida.

 

Na tarde do mércores 9 de outubro celebrábase no salón de actos da Casa da Cultura de Sober unha sesión plenaria do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para constituír o seu novo consello reitor despois da celebración das pasadas eleccións municipais, tal e como se recolle nos estatutos que rexen esa entidade. Neles tamén se establecen un total de 227 votos que se reparten os membros designados polos 21 concellos, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e a Asociación Ribeira Sacra Rural.

Nesta sesión presentábanse dúas candidaturas á presidencia do consorcio: a de Luis Fernández Guitián (representante polo Concello de Sober) e a de José Manuel Rodríguez González (representante polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra).

A votación dos 23 integrantes do consello reitor foi de forma secreta e na mesma o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, lograba 127 votos; mentres que José Manuel Rodríguez González (D.O. Ribeira Sacra) conseguía 99 votos. Ademais había un voto nulo.

Deste xeito, Luis Fernández resultaba reelixido como presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián.

A vicepresidencia foi elixida a man alzada e con votación por unanimidade en favor de J. César Parente Pérez, representante polo Concello de Nogueira de Ramuín.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close