ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O alcalde de Viana do Bolo renuncia ás súas retribucións económicas

Publicidade
O alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo, tras un pleno./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo Alonso, vén de anunciar que, “unha vez solicitados os informes xurídicos pertinentes” (tendo en conta a sentencia do Tribunal Supremo que impide que os concelleiros non adscritos se vexan beneficiados por novos cargos ou melloras económicas), renuncia ás retribucións que lle foron aprobadas en sesión plenaria de data 24 de setembro do 2020, pola sua dedicación como rexedor. En concreto tiña asignados 16.000 euros brutos ao ano.

Ademais, Abelardo Carballo indica que esta decisión “non vai perxudicar a boa marcha do Concello”, xa que vai seguir o mesmo equipo de goberno e coas mesmas atribucións e que tampouco vai mermar o seu traballo, nin o do seu equipo de goberno á fronte do consistorio, “todo o contrario, imos seguir traballando coa misma ilusión, anhelo e dedicación coa que o viñamos facendo durante estes pasados meses”. Ademais o rexedor sinala que vai continuar “intercalando a alcaldía coa miña profesión”.

Artigos relacionados

Back to top button