ConcellosÚltima hora

O alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez, reúnese coa delegada da Xunta en Ourense

O encontro tivo lugar na mañá de hoxe, xoves 18 de xullo, en Ourense

O alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro, reuniuse nesta mañá de 18 de xullo coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. A reunión producíase no despacho da delegada e enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Díaz Mouteira iniciou en xuño, logo da constitución das novas corporacións locais, co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que está a desenvolver o goberno galego neles.

 

Durante a reunión.

Artigos relacionados

Back to top button