ConcellosÚltima horaVilamartín

O alcalde de Vilamartín plantéxalle ao delegado da Xunta en Ourense temas de abastecemento, infraestruturas e turismo

O alcalde de Vilamartín de Valdeorras na reunión co delegado da Xunta en Ourense.

 

O alcalde do Concello de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro, mantiña a primeira hora desta mañá unha reunión en Ourense co delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén. Nel plantexáballe as principais demandas deste municipio en relación coa administración autonómica. En concreto abordaban cuestións en materia de abastecemento, infraestruturas e turismo.

Ademais, Alén recibía hoxe ao alcalde de Os Blancos, Jose Manuel Castro, o que tratou cuestións prioritarias para o municipio en materia de política social, reestruturación parcelaria e abastecemento, entre outros.

Deste xeito, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Xuntanza do delegado da Xunta co alcalde de Os Blancos.

Artigos relacionados

Back to top button
Close