ConcellosÚltima hora

O alcalde de Vilar de Santos pide comparecer no Parlamento galego

Presentaba unha solicitude de comparecencia para abordar a problemática da facturación indebida das eléctricas aos concellos no consumo de enerxía reactiva no alumeado público
Xan Jardón, no centro, co candidato ás europeas de CxG, no Parlamento.
Xan Jardón, no centro, co candidato ás europeas de CxG, no Parlamento.

O rexidor de Vilar de Santos, Xan Jardón, acudía na mañá do 2 de abril ao Parlamento galego para rexistrar unha solicitude de comparecencia voluntaria na Comisión 6ª de Industria,Enerxía, Comercio e Turismo para abordar a facturación indebida de enerxía reactiva no alumeado público aos concellos por parte das eléctricas. O seu obxectivo é “tratar e explicar este tema dada a alarma social xerada e a indefensión que sentimos os concellos galegos diante das empresas subministradoras eléctricas”.

Na súa solicitude, Jardón tamén demanda do Parlamento galego “unha investigación para corroborar o que xa está constatado polos concellos galegos: a facturación incorrecta por parte das eléctricas”, así como que se requira á Comisión Nacional de Enerxía (CNE) para saber “cal é a súa posición ao respecto e se comprobe se as teses defendidas por este organismo son correctas e acordes coa lexislación vixente”.

Asemade o alcalde de Vilar de Santos solicita á Cámara galega que “defenda os intereses dos concellos e dos consumidores galegos e requira á Xunta de Galicia para que actúe, no prazo máis breve posible, e faga unha mostraxe xeral sobre a facturación das compañías subministradoras de enerxía eléctrica e adopte as medias que procedan”.

Foto: cedida polo Concello de Vilar de Santos

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button