ConcellosÚltima hora

O Centro de Día de Vilardevós abrirá as súas portas neste ano 2016

O alcalde reúnese co conselleiro de Política Social para analizar a situación da infraestrutura, que xa está ao 80&¡%
Un momento da reunión mantida entre ambos dirixentes, esta mañá.
Un momento da reunión mantida entre ambos dirixentes, esta mañá.

O Centro de Día que se está a executar no Concello de Vilardevós abrirá as súas portas ao longo deste ano 2016. Foi a data que se desvelou tras un encontro mantido entre o alcalde da localidade, Manuel Cardoso, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. Nesta reunión de traballo celebrada na mañá do 24 de maio, abordaron a situación desta infraestrutura que ten o 80% das obras construídas. Ambos dirixentes tamén aproveitaron para coordinar a estratexia social de cara aos vindeiros meses.

O Centro de Día ofrecerá servizo a 40 usuarios e tamén terá residencia para outros 24 usuarios que a Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pon en marcha cun investimento de máis de 1,4 millóns de euros. Por outra banda, o titular do departamento do goberno autonómico desvelou que a través do novo Plan de Investimentos Extraordinario para 2016 se adicará unha partida de 140.000 euros para equipamento das instalacións.

Estas cifras deixan ver a aposta do Concello de Vilardevós pola política social, que se complementa co incremento de 1.728 horas anuais no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), até acadar unha ratio de atención do 84,12%.

Artigos relacionados

Back to top button