ConcellosÚltima hora

O alcalde de Vilariño de Conso reúnese co conselleiro de Política Social

A atención ás persoas maiores era un dos principais asuntos abordados nesta xuntanza celebrada en Santiago
O conselleiro de Política Social recibindo ao alcalde de Vilariño de Conso.

 

Co fin de coñecer de maneira máis detallada a realidade e as necesidades en materia social de Vilariño de Conso, así como para estudar posibles novas liñas de actuación e colaboración entre as a administración galega e a local, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantiña un encontro na mañá do 24 de xaneiro co alcalde deste municipio ourensán, Ventura Sierra Vázquez.

Unha das principais cuestións tratadas era a atención ás persoas maiores, nomeadamente ás que teñen a súa autonomía limitada. Neste sentido, dende a consellería sinalaba que a Xunta de Galicia “incrementou en 2016 en máis dun 22% as horas de coidado a dependentes no seu contorno familiar a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF-Dependencia). Na actualidade, e con esta subida, a ratio de atención do SAF Dependencia nesta vila de Ourense é de practicamente o cento por cen. A Administración autonómica e o ente local financian conxuntamente 639 horas mensuais de SAF Dependencia, sumando ao longo do ano un total de 7.668 horas de atención”.

 

Un dos momentos da reunión.

 

O conselleiro e o alcalde tamén analizaban novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade en Vilariño de Conso. “O diálogo entre as diferentes administracións é vital para garantir unha mellora da calidade de vida dos galegos e galegas a través das políticas sociais”, aseguraba o titular autonómico tras finalizar o encontro. Nesta liña, Rey Varela avogaba por continuar coa equidade no acceso aos servizos e recursos sociais entre os concellos urbanos e os máis rurais.

Artigos relacionados

Back to top button