ConcellosÚltima hora

O alcalde de Vilariño de Conso reúnese coa conselleira de Benestar

No encontro abordaban o financiamento para manter a futura residencia que o Concello construirá na localidade
O alcalde de Vilariño de Conso, na reunión coa conselleira de Traballo e Benestar.
O alcalde de Vilariño de Conso, na reunión coa conselleira de Traballo e Benestar.

Na mañá do 22 de xullo o alcalde de Vilariño de Conso, Ventura Sierra, mantiña unha xuntanza en Santiago coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. No decurso da reunión abordaban o financiamento para manter a futura residencia da terceira idade que o Concello construirá nesta localidade ourensá.

A conselleira comprometeuse a estudar fórmulas de colaboración coa Administración local para poder cooperar a través da Axencia de Servizos Sociais co mantemento anual do futuro servizo social para persoas maiores dependentes, que contará con ao redor de 75 prazas.

Artigos relacionados

Back to top button