ConcellosÚltima hora

O alcalde do Barco acude a declarar ante o xuíz con “absoluta tranquilidade”

Foi chamado a declarar pola denuncia presentada polo PP do Barco
O alcalde barquense, entrando no xulgado para declarar./ Foto: Carlos G. Hervella.
O alcalde barquense, entrando no xulgado para declarar./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Estou absolutamente tranquilo. Nós podémonos equivocar, pero non temos nada que ocultar, nin sequera ocultamos os nosos erros”. Eran as palabras do alcalde do Barco, o socialista Alfredo García, na mañá do 21 de outubro, minutos antes de entrar a declarar no xulgado da vila, tras a denuncia presentada polo PP do Barco contra el por presuntos delitos de prevaricación e malversación. Acudía acompañado dos concelleiros do equipo de goberno barquense, do alcalde de Petín, do coordinador comarcal do PSOE na comarca de Valdeorras e doutros representantes socialistas.

O alcalde do Barco, acompañado dos concelleiros do seu grupo de goberno e doutros representantes socialistas./ Foto: Carlos G. Hervella.
O alcalde do Barco, acompañado dos concelleiros do seu grupo de goberno e doutros representantes socialistas./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Está claro o que pretende o PP, o PP conseguiu levar o debate político ao xulgado. Eu voulle dicir ao xuíz todo o que me pregunte e estou tranquilo evidentemente porque aválame o convencemento de que, aínda que houbese erros administrativos, non houbo ningún tipo de delito, que son cousas distintas. Pero se se decidíu levar o tema á xustiza, primeiro ten que falar a xustiza”, sinalaba Alfredo García.

Alfredo García atendendo aos medios de comunicación antes de chegar ao xulgado barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Alfredo García atendendo aos medios de comunicación antes de chegar ao xulgado barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Con respecto aos 2.648 reparos técnicos efectuados á xestión do alcalde barquense durante o periodo 2003-2013 que o PP do Barco presentaba ante a Fiscalía en Ourense o pasado 16 de outubro, Alfredo García sinalaba que, “como isto acabábase xa ou había visos de que se acababa, entón meten máis cousas para ver se conseguen que isto continúe e haber se, con sorte, se chega aínda ás eleccións municipais con que o alcalde do Barco está imputado”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close