En portadaGalerías de fotos

O alcalde do Barco, Alfredo García, será o novo presidente da Fegamp

A entidade celebra na xornada do 30 de outubro a súa novena asemblea en Santiago

Ao redor das 10:30h da mañá do 30 de outubro poñíase en marcha a IX Asemblea da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública (Egap) en Santiago. No acto de inauguración deste encontro, que ten como lema “Ao servizo das persoas”, interviñan o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente saínte da Fegamp, o popular José Manuel Rey Varela.

Ás once presentábase a memoria de xestión do período 2011-2015 e ás 12:30h abríase o prazo de candidaturas, que se coñecerán ás 16,00h. Entre elas figura a do alcalde do Barco de Valdeorras, o socialista Alfredo García, que ata o de agora ocupaba o posto de vicepresidente primeiro nesta entidade e que se perfila como novo presidente da mesma.

A asemblea proseguirá pola tarde a partires das cinco co debate en pleno das propostas de resolución e en torno ás 18:30h. terá lugar o acto de clausura oficial, coa intervención prevista do novo presidente da Fegamp e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Artigos relacionados

Back to top button