DeportesNataciónÚltima hora

O alcalde do Barco di que a piscina climatizada abrirá antes de que acabe este ano

Así o aseguraba no pleno de outubro ao responder a unha pregunta formulada por un concelleiro do PP

Exterior da piscina climatizada do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco “quere abrir a piscina climatizada e vaina abrir”. Deste xeito respondía o alcalde do Barco, Alfredo García, a unha pregunta xa habitual nos plenos do Concello e que, desta volta, formulaba o concelleiro do PP, Antonio Melo: “¿cando se vai abrir a piscina climatizada?”. Ademais o edil popular engadía que “a rumoroloxía do pobo di que o Concello non a quere abrir”.

O rexedor barquense negaba iso con rotundidade e resaltaba que “a nosa intención é que a piscina climatizada se abra antes de que remate este ano”. Explicaba que dende o grupo de goberno socialista mantívose unha reunión coa empresa concesionaria e “pedíuselle unha documentación que consideramos que é necesaria para a planificación, e que nos presentou en dúas tandadas, pero aínda falta un complemento. En calquera caso, o Concello quere abrir a piscina e estamos dando os últimos pasos para darlle á empresa a orde e a data de apertura”.

 

O alcalde do Barco, Alfredo García, no pleno deste xoves./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button