EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O alcalde do Barco inaugura a XVII Semana de Educación-Empresa no IES Lauro Olmo

As xornadas estenderanse ata o luns 25 de febreiro e inclúen conferencias e obradoiros

Dirixidas aos alumnos da Formación Profesional, están as xornadas de educación e empresa que se celebran dende hai 17 anos no IES Lauro Olmo do Barco que se desenvolverán ata o 25 de febreiro no salón de actos do centro.

A inauguración, a cargo do alcalde do Barco Alfredo García e da directora Amparo Quiroga, tiña lugar na mañá do 18 de febreiro e na mesma xornada, celebrábase a primeira ponencia de carácter xeral á que asistían todos os alumnos, que xirou en torno ás novas estratexias na procura de emprego da man de Ana Belén Martínez, orientadora de promoción de emprego de Aeva.

A partires de aí, xa específicas para cada ciclo, sucederanse as charlas sobre o ámbito sanitario e sobre novas tecnoloxías, pechando o ciclo a ponencia sobre as claves dunha entrevista de traballo e elaboración do C.V. a cargo de Sofía Liste, directora da empresa de recursos humanos Nortempo.

Tamén haberá obradoiros (de infraestruturas de telecomunicacións e boas prácticas na atención a persoas dependentes) e unha charla sobre a experiencia do Viveiro de Empresas no Concello do Barco a cargo da concelleira de Comcercio, Turismo e Traballo Irene Dacal.

 

Programa da XVII Semana de Educación-Empresa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button