CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O alcalde do Barco inaugura as XVIII xornadas de escola e empresa no IES Lauro Olmo

Dende hoxe e ata o venres sucederanse as conferencias e obradoiros en torno aos diferentes ciclos

 

É alcalde do Barco de Valdeorras e tamén docente, por iso ninguén mellor que Alfredo García para inaugurar a XVIII edición das Xornadas Educativo-Empresariais do IES Lauro Olmo que se desenvolverán durante toda esta semana.

No acto celebrado na mañá do 17 de febreiro e, acompañado polo vicedirector do instituto Eladio Santos, o alcalde do Barco aseguroulles aos alumnos presentes que “estades no lugar e no momento adecuados porque necesítase persoal cualificado. Ese é o gran problema das empresas hoxendía, a falta de profesionais”. Con todo, Alfredo García foi sinceiro asegurandoq que “sen esforzo e traballo, así como espírito de superación. é dicir ser bos porfesionais, non hai nada que facer nin por conta allea nin como emprendedor, porque ninguén vos vai regalar nada”.

Antes de dar paso á primeira ponencia, o alcalde aconsellou aos estudantes que aproveiten esta semana “na que pasaran por aquí profesionais de diferentes ámbitos que vos contarán como é a vida fóra destas paredes. Non teñades medo de preguntar”, concluíu.

De seguida tocáballe o turno á directora de Nortempo Sofía Liste, especialista en Recursos Humanos, que falou aos presentes das “claves na entrevista de traballo”. Hoxe pola tarde, Ana Belén Martínez, orientadora de promoción de emprego de Aeva, impartirá outra ponencia xeral sobre “estratexias na procura de emprego”.

A partires de aí, xa específicas para cada ciclo, sucederanse as charlas sobre o ámbito sanitario, sobre novas tecnoloxías, electricidade ou automoción, pechando o ciclo a ponencia que impartirá o emprendedor André Faria, licenciado en Ciencias do Deportes, adestrador e preparador fisico que dará as claves para “converter unha idea na túa propia empresa”.

Artigos relacionados

Back to top button