DeportesÚltima hora

O alcalde do Barco recibe no Concello ao club de fútbol

A recepción tiña lugar no salón multiusos con motivo dos logros acadados polo C.D. Barco nesta tempada
Membros do C.D. Barco trala recepción no Concello. /Foto: Carlos G. Hervella.
Membros do C.D. Barco trala recepción no Concello. /Foto: Carlos G. Hervella.

A 2014/2015 é unha tempada que o Centro de Deportes Barco non esquecerá nunca. Despois de moito pelexar e de interminables meses de adestramentos e partidos, traballo constante e adicación, o equipo sénior lograba a finais de maio o ascenso a terceira división nacional, un logro buscado durante anos e que nesta ocasión se facía realidade. O equipo cadete pola súa banda, gañaba a Copa Deputación nunha final histórica en Valdeorras ante o C.D. Rúa.

O alcalde do Barco, Alfredo García co presidente do C.D. Barco, Daniel Ramos. /Foto: Carlos G. Hervella.
O alcalde do Barco, Alfredo García co presidente do C.D. Barco, Daniel Ramos. /Foto: Carlos G. Hervella.

Por estes resultados, e a falta dun partido para que o equipo sénior se convirta no campión absoluto de preferentes, o Concello do Barco felicitaba oficialmente ao club. Facíao na tarde do venres 5 de xuño nunha recepción que tiña lugar no salón de actos do edificio multiusos do Barco, onde se deron cita moitos dos xogadores de ámbolos dous planteis e tamén da directiva. Diante deles, o concelleiro de Deportes en funcións, Julio Fernández, era o primeiro en felicitar aos asistentes, asegurando que aínda que deixe a concellería, sempre estará para o que se lle necesite. Un labor que o propio alcalde, Alfredo García, agradecía publicamente “porque necesitarei a túa axuda” dixo. Acto seguido e tras agradecer o labor de Julio ao longo destes anos, fixo o propio cos xogadores e directivos, asegurando que “fixestes que nos sintamos orgullosos de vos porque fixestes vibrar ao pobo”, animándoos a seguir “con traballo e a humildade que vos caracteriza”. Dende o Concello pola súa banda “tentaremos que tódalas institucións colaboren, pero dende logo nós aí estaremos, aínda que haxa que facer un esforzo porque para O Barco é moi importante que estedes en terceira”.

O acto remataba coa entrega ao presidente, Daniel Ramos, en representación de todo o club, do “barqueiro” imaxe representativa do Concello do Barco”, e a foto de familia na praza do Concello.

Artigos relacionados

Back to top button