EconomíaEconomíaÚltima hora

O alcalde do Barco sae en defensa do corredor ferroviario Atlántico de mercadorías no pleno municipal

Respondendo a unha pregunta do concelleiro de Riada Cidadá, sinalaba que o “corredor vai por bo camiño” e criticou a actuación dalgúns empresarios de Ourense e do alcalde da cidade sobre este tema
O concelleiro de Riada Cidadá, formulándolle a pregunta ao alcalde do Barco no pleno./ Foto: A.R.

O alcalde do Barco, Alfredo García, saía en defensa do corredor ferroviario Atlántico de mercadorías no pleno municipal celebrado o 4 de outubro. Facíao respondendo a unha pregunta formulada polo concelleiro de Riada Cidadá, Félix García, na que plantexaba que sería necesario facer unha declaración en defensa desta liña tras as manifestacións realizadas dende sectores empresariais e políticos da cidade de Ourense.

Neste senso o rexedor barquense sinalaba que “isto onde temos que traballalo é con quen toma as decisións. Hai quince días mantiven unha reunión coa responsable de Adif e o corredor vai por bo camiño. O interior de Galicia, Lugo, Monforte e Valdeorras, así como O Bierzo, téñeno claro. Algúns empresarios de Ourense están enredando porque, despois de ser aprobado na Comisión Europea este corredor atlántico, tiveron unha reunión en Asturias con presenza da Xunta de Galicia. Ou imos todos xuntos ou ese diñeiro vaino levar o corredor mediterráneo”.

Ademais lembrou que o único alcalde que non se adheriu á declaración asinada no Barco en defensa deste corredor foi o de Ourense, pero o pleno municipal da cidade “onde non teñen maioría”, si o respaldou.

Artigos relacionados

Back to top button