OurenseÚltima hora

O alcalde do Carballiño reúnese coa conselleira de Política Social

Máis de 23.000 as persoas benefícianse actualmente do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

O Goberno galego incrementou este ano un 18% o número de horas de atención no fogar postas á disposición do Concello do Carballiño, ata acadar as 42.400 anuais para así achegar os coidados a un maior número de vivendas con persoas en situación de dependencia. Así llo facía saber a conselleira de Política Social, Fabiola García, ao alcalde deste municipio ourensán Francisco Fumega, na reunión que mantiñaan na mañá do 26 de novembro, reiterando o compromiso da Xunta de “atender á preferencia que teñen as persoas maiores de envellecer na súa contorna”.

Neste sentido, Fabiola García explicou que a Xunta segue no Carballiño a mesma liña de traballo que no resto de municipios da comunidade e hoxe son xa máis de 23.000 as persoas beneficiarias do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), unha cifra que multiplica por oito as que había hai nove anos. O conxunto de prestacións do sistema galego de dependencia suman a día de hoxe as 59.403 persoas atendidas, polo que se adiantará a este ano o obxectivo inicialmente marcado para toda a lexislatura de chegar aos 60.000 dependentes con servizo.

Na reunión, Fabiola García e Francisco Fumega acordaron continuar coas liñas de colaboración abertas na procura de que os veciños desta localidade “teñan uns recursos e servizos sociais próximos e de calidade tanto no eido da atención ás persoas maiores como nos centrados nas familias e no apoio ás persoas en risco de exclusión”.

Artigos relacionados

Back to top button