OurenseÚltima hora

O alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, reúnese coa delegada da Xunta en Ourense

O encontro tivo lugar hoxe, día sete de agosto, no despacho da delegada

 

Durante a reunión.

 

O alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, reuniuse nesta mañá de 7 de agosto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. Este encontro enmárcase dentro da rolda de contactos que está a facer a delegada con todos os alcaldes desta nova lexislatura.

Un dos temas que se trataron nesta xuntanza foi o parque acuático de Monterrei, o que pertence ao concello do Pereiro de Aguiar. A delegada asegurou que incidiría no compromiso do Goberno galego para promover un acordo coa Deputación para potenciar unha zona acuática neste complexo deportivo. Na actualidade, estanse a facer os pertinentes estudos de viabilidade e prevese que antes de que remate se concrete a extensión, servizos e prazos deste proxecto.

 

Artigos relacionados

Back to top button