OurenseÚltima hora

O Alpinche creado por Estanislao Reverter volver rodar despois de 46 anos

 

En setembro de 1975, no primeiro tramo do Rallye do Sherry, Beny Fernández tiña un accidente co Alpinche, o mítico vehículo creado por Estanislao Reverter coa mecánica dun Porsche 911 R e a carrocería dun Renault Alpine.

46 anos despois e trala restauración promovida pola Fundación Estanislao Reverter, o coche volvía rodar, no Circuíto Choqueiro, preto de Ourense, da man de Jorge González “Rantur”, o piloto encargado desta primeira toma de contacto que se mostrou gratamente sorprendido coas boas sensacións que tivo ao volante.

Tal como aseguran dende a Fundación, a proba resultou satisfactoria e tamén emocionante para os fillos de Estanislao, todos presentes. “Agora chega o momento dos últimos retoques a nivel de suspensión e outros axustes, a rotulación definitiva a imaxe da época e de gozar finalmente dun fito da provincia de Ourense”, aseguran agradecendo o traballo de todos os implicados neste apaixonante proxecto e por todos os apoios recibidos.

Fotos: Fundación Estanislao Reverter.

 

Artigos relacionados

Back to top button