OurenseÚltima hora

O Alpinche recupera a súa cor orixinal

O proceso de restauración do coche creado por Estanislao Revderter acércase ao seu final, á espera de completar a instalación eléctrica, o circuíto de freos e os axustes mecánicos necesarios para a súa posta a punto

 

A restauración do Alpinche en Marvic Sport acércase ao final. Agora tocoulle o turno á pintura e o resultado foi  espectacular. O Alpinche recuperou a súa cor de sempre, o “Laranxa Ourense”, co que Estanislao Reverter pintou os seus vehículos e os de Escudería Ourense desde o ano 1969 ata 1976.

A clave para acertar coa cor exacta estaba baixo a matrícula traseira, unha das poucas partes do vehículo que non sufriu co paso dos anos. Nese pequeno lugar, o laranxa permanecía case intacto e coa axuda dunha máquina especial saíu a cor laranxa perfecto.

 

 

 

O proceso de restauración acércase ao seu final, á espera de completar a instalación eléctrica, o circuíto de freos e os axustes mecánicos necesarios para a súa posta a punto.

A emblemática franxa coas cores da Bandeira Galega será o toque final para que o Alpinche volva brillar como brillou nas estradas españolas alá pola década dos setenta.

 

 

 

Texto e fotos: Fundación Estanislao Reverter.

Artigos relacionados

Back to top button