CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Carlos Casares de Viana recibe a visita da conselleira de Educación

Carmen Pomar comprobou á adaptación do centro ao protocolo sanitario para a volta ás aulas neste final de curso

 

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou hoxe o alumnado que se reincorporou, xa desde a semana pasada e de forma voluntaria, ás clases de 2º de Bacharelato no IES Carlos Casares, de Viana do Bolo. No centro, a titular do departamento educativo da Xunta felicitou aos estudantes “polo traballo feito desde os seus fogares durante o período de suspensión da actividade educativa presencial”, animándoos a facer “un último esforzo” para acadar os mellores resultados de cara a obter a titulación e iniciar unha nova etapa nos estudos que elixan.

A conselleira tamén agradeceu o labor desenvolvido polos docentes e os equipos directivos para adaptarse a estas circunstancias excepcionais, especialmente no acompañamento deste alumnado que se vai presentar o vindeiro mes ás probas de acceso á universidade. Atitular de Educación, que tamén visitou o IES Otero Pedrayo de Ourense, coñeceu as instalacións de ambos centros e comprobou a súa adaptación ao protocolo sanitario deseñado para a volta ás aulas neste final de curso.

Artigos relacionados

Back to top button