CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O alumnado do CEIP Condesa de Fenosa expón os proxectos desenvolvidos durante o curso

Na xornada do 31 de maio expuxéronos no centro barquense e o 14 de xuño presentaranos na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela

Moitos e moi varidos foron os proxectos que os alumnos do CEIP Condesa de Fenosa do Barco levaron a cabo durante o curso, moitos deles enmarcados dentro do Programa Piteas que organizan conxuntamente a Consellería de Educación, a Universidade de Santiago e a Fundación Barrié e que toca diferentes ámbitos (saúde, cultura, astronomía, natureza, solidariedade,…).

 

Algúns dos artigos expostos na mostra.

 

Trátase dunha iniciativa que “facilita o descubrimento dos talentos do alumnado e acceder ao coñecemento dun xeito máis práctico”, explican dende o centro barquense, e na xornada do 31 de maio formaron parte dunha feira no propio colexio. Ao longo da xornada, toda a Comunidade Escolar puido visitar os distintos postos, explicados polos propios alumnos dos diferentes cursos.

Para que o traballo non quede só no centro, o vindeiro 14 de xuño unha representación dos Proxectos exporá o traballo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

 

Un momento da Feira de Proxectos no CEIP Condesa de Fenosa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button