CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O alumnado do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa participa nun proxecto educativo artístico e sostible

 

Na mañá do mércores 11 de maio, o alumnado do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa participaba nun fermoso e interesante proxecto multidisciplinar de Afundación (Obra Social de Abanca) titulado ‘Plantando árbores con pinceis’ e consistente na elaboración dun mural e na decoración dunhas bolsas de tea con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes, para o que contaron coa guía de David Brey Vázquez, o artista que coordina a representación.

Trátase dunha iniciativa que combina a sustentabilidade, a cultura e a formación, fomentando valores ambientais e impulsando a creatividade e a innovación. Unha actividade colaborativa, mesmo activista, na que “o alumnado aprende que o uso deste tipo de pigmentos é útil dado o seu poder de absorción do CO2 ambiental, que consegue que cada metro cadrado pintado con eles iguale o efecto depurativo dunha árbore adulta, fomentando a creación de espazos escolares ecoloxicamente máis depurados grazas á implicación das mozas e mozos do centro”, explican dende Afundación.

A proposta articouse en dúas modalidades de forma que participaron todos os nenos: por unha banda, a pintura en mural na que colaboraron os alumnos de 4°, 5°, 6° de Primaria e 1° da ESO e, por outra, o deseño con pinturas ecolóxicas, de bolsas de tea tamén de feitura sostible, coa guía do equipo profesional da área Educativa de Afundación en colaboración con Vella Escola, na que participaron os pequenos de 1°, 2° e 3° de Primaria.

 

Mural realizado onte no Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button