CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O alumnado do CPR María Inmaculada de Verín súmase á iniciativa “En Nadal ningún ancián só”

Os estudantes, con apoio de profesorado e dunha antiga alumna, elaboraban 200 postais solidarias para os usuarios do asilo desta vila

Publicidade

 

Un grupo de alumnos voluntarios de 2º, 3º e 4º da ESO do CPR María Inmaculada de Verín, vén de participar nunha actividade nacional denominada “En Nadal ningún ancián só”. Axudados por dúas profesoras do centro, e coa colaboración dunha antiga alumna, realizaron 200 postais de Nadal con moito agarimo, que van destinadas ao asilo de anciáns de Verín.

“Foi unha actividade moi gratificante poder compartir un anaquiño de nós cos “avós” que viven alí, e ampliámolo ao persoal que todos os días coida deles. Queremos que nos sintan preto, nestes momentos difíciles aínda que non poidamos ir cantarlles panxoliñas. O ano que vén esperamos chegar a máis xente”, explican dende este centro verinés.

Fotos: CPR María Inmaculada de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button