EconomíaEconomíaÚltima hora

O alumnado do “Obradoiro de Froiticultura Mocidade de Verín”, no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde

Un dos momentos da visita./ Foto cedida.

 

O alumnado do “Obradoiro de Froiticultura Mocidade de Verín”, acompañado polo seu monitor, visitaba este mércores as instalacións do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde. A finalidade desta visita é que o alumnado coñeza os procesos básicos da sistemática de análise de solos, ademais das accións e servizos que o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) realiza no ámbito do sector primario provincial.

Nesta actividade abordouse a importancia que ten coñecer as necesidades dos cultivos, o respecto e os coidados que o agricultor lle debe dispensar ó solo de cultivo, a determinación e o control de pragas e enfermidades, a problemática dos agricultores de nova incorporación, a transición ecolóxica e a necesaria vinculación entre agricultura e medio natural.

O Inorde considera que a formación dos novos profesionais “é unha liña de traballo esencial e, por elo, este tipo de iniciativas supoñen unha parte fundamental dos servizos que este organismo presta en apoio ao sector primario da nosa provincia”.

Artigos relacionados

Back to top button