En portadaÚltima horaVídeos

O alumnado dos seis centros educativos Barco clama pola paz: “Non á guerra”

O alumnado e profesorado dos colexios e institutos barquenses participaban esta mañá nunha marcha pola paz ata a praza do Concello

 

Con numerosos carteis, moitos deles coas cores da bandeira ucraína, consignas a favor da paz e contra a guerra, os seis centros educativos do Barco realizaban esta mañá unha marcha pola paz dende ata a praza do Concello, cortando a estrada xeral da vila.

 

 

Arredor das 12h. o alumnado do Colexio Divina Pastora, dos CEIP Julio Gurriarán, Condesa de Fenosa e Otero Pedrayo, así como os dos IES Lauro Olmo e Martaguisela, enchía a praza do Concello e dábase comezo a un acto no que os estudantes convertíanse en protagonistas. Líanse mensaxes a prol da paz non só en Ucraína, senón no conxunto do mundo, e seguidamente, líase un manifesto por parte de dúas alumnas do IES Martaguisela que concluía cun minuto de silencio.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button