OurenseÚltima hora

O alumnado ganador do IX Premio Estatuto de Autonomía de Galicia visita o Parlamento

 

O alumnado gañador da novena edición do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia, convocado pola Deputación Provincial de Ourense, visitou esta mañá o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, e varios deputados e deputadas, e efectuaron unha visita guiada á sede da institución. O grupo pertence aos colexios Franciscanas de Ourense), María Inmaculada de Verín e Padre Feijóo Zorelle.

Durante o encontro co alumnado, Santalices explicoulles a historia, funcionamento e competencias da Cámara galega ademais de responder ás preguntas da rapazada.

O presidente do Parlamento recordou que as catro décadas de historia da autonomía constitúen a etapa de maior crecemento, prosperidade e estabilidade de Galicia, “un éxito colectivo que é consecuencia directa do pacto constitucional que asentou a democracia e do posterior Estatuto de Autonomía de Galicia. Cómpre reinvindicalo fronte aos intentos de reescribir a historia”.

Artigos relacionados

Back to top button