ConcellosÚltima hora

O antigo local da Cruz Vermella no Barco, nova sede de 6 asociacións valdeorresas

O alcalde barquense entregáballes as chaves aos representantes das entidades na tarde do 17 de marzo
O alcalde facendo entrega das chaves a un dos representantes das asociacións.
O alcalde facendo entrega das chaves a un dos representantes das asociacións.

O traslado da Cruz Vermella de Valdeorras á Casa do Río Cigüeño deixaba libre hai uns meses a súa antiga sede, situada na rúa Lugo do Barco. Nestas dependencias o Concello barquense acometía unha serie de obras co fin de que reuniran as mellores condicións para poder acoller a outras asociacións da comarca que o tiñan solicitado.

Este inmoble, situado na rúa Lugo do Barco, acollerá a partir de agora a seis asociacións.
Este inmoble, situado na rúa Lugo do Barco, acollerá a partir de agora a seis asociacións.

Unha vez concluídos os traballos, o Concello do Barco vén de entregarlles as chaves aos responsables de seis entidades valdeorresas e a partir de agora terán a súa sede neste local: Disvalia, Asociación Contra el Cáncer do Barco, Cine Club Groucho Marx, Coasva, Ateneo Republicano e Asociación de Canaricultores. O alcalde do Barco era o encargado de entregarllas na tarde do 17 de marzo no mesmo inmoble.

Artigos relacionados

Back to top button