CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O Apalpador, acompañado por Papá Noel e os elfos, percorre O Barco

Esta actividade de animación de rúa forma parte da campaña de Nadal de AEVA e do Barco CCA

Numerosas persoas, boa parte delas nenos, agardaban con impaciencia na praza do Concello do Barco a chegada dun grupo de personaxes moi especiais na tarde do 21 de decembro. Os primeiros en aparecer eran os elfos, saltando e bailando. Despois chegaba Papá Noel, agasallando con caramelos aos presentes. E, finalmente, viña o Apalpador.

Esta singular comitiva navideña principiaba así un percorrido festivo polas rúas do Barco con música, bailes e saudando aos viandantes cos que se cruzaban. Esta actividade de animación de rúa forma parte da campaña de Nadal da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e do Barco Centro Comercial Aberto (CCA).

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button