CulturaCulturaÚltima hora

“O Apalpador e a nena sen medo”, en Viana do Bolo

Este espectáculo de contacontos con monicreques para Nadal poderá verse na tarde domingo 16 de decembro na Casa da Cultura

 

Cartel deste espectáculo.

Neste Nadal 2018-2019 o Concello de Viana do Bolo ten preparadas moitas e divertidas actividades para os máis novos. Unha delas será o espectáculo “O Apalpador e a nena sen medo”, un contacontos con monicreques que terá lugar ás 19h. do domingo 16 de decembro na Casa da Cultura vianesa. Vai dirixido a nenos maiores de 3 anos, e nel tamén poderá participar toda a familia.

O programa deste “Nadal Cativo” tamén incluirá ludoteca, unha festa de Nadal, un obradoiro de doces de chocolate, cinema, inchables… “Un gran número de actividades para que non deixar espazo ao aburrimento”, aseguran dende o Concello de Viana.

Artigos relacionados

Back to top button