CulturaCulturaOurenseÚltima hora

O Apalpador visita San Xoán de Río

Este mítico personaxe do Nadal galego achegarase nesta tarde de 4 de xaneiro ata o Centro Cultural da localidade

Os nenos do municipio de San Xoán de Río recibirán nesta tarde de 4 de xaneiro unha visita moi especial. O Apalpador achegarase a partires das 16:30h. ata o Centro Cultural desta localidade. Haberá ademais unha ruada con este mítico personaxe do Nadal galego cara o bosque para visitar a súa casa. Alí coñecerán a súa vida da man das Titiriteiras de Marear de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button