CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

“O arao Arquímedes”, reivindicación medioambiental feita teatro no CEIP Condesa Fenosa do Barco

Esta función, creada e interpretada polo alumnado de 1º deste centro educativo, estreábase na mañá do 17 de xuño

Primeiro foi un proxecto de investigación dos escolares de 1º do CEIP Condesa Fenosa do Barco, enmarcado no programa PITEAS, sobre o mar e a súa realidade, tanto natural, de fauna e flora, como tamén da súa relación co home. E no decurso deste traballo, que supuxo tamén unha viaxe ao Grove, descubrían o grave problema que está a danar os ecostistemas mariños: a contaminación e os plásticos.

A partir de aí nacía a idea de concieciar desta problemática medioambiental á sociedade e, para iso, decidían recurrir ao teatro. Así nacía a obra “O arao Arquímedes”, “unha ave en perigo de extinción (que en España só vive en Galicia), á que un día se lle quedou enganchado no peteiro o aro dunha botella”, explican dende o CEIP Condesa Fenosa.

Esta obra foi creada e interpretada polos nenos de 1ºA e 1ºB deste centro, “cun marcado carácter didáctico e unha clara mensaxe Axúdanos a coidar o noso mar“, destacan dende o colexio.

A peza teatral estreábana os escolares ante os seus compañeiros no salón de actos do centro na mañá do 17 de xuño. Sobre o escenario aparecían multitude de personaxes, diversos peixes, nécoras, e, por suposto, o arao Arquímedes.

A función volverá  representarse, desta volta para as familias do alumnado do centro, o vindeiro mércores 19 de xuño.

Fotos: CEIP Condesa Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close