OurenseÚltima hora

O arborado dos parques de Ourense será revisado

Esta medida tómase tras a caída dun tileiro no Parque de San Lázaro

Imaxe do tileiro caído hoxe no Parque de San Lázaro. / Foto: cedida.

 

O Concello de Ourense realizará un estudo sobre o estado das árbores nos parques máis concorridos da cidade. Esta medida foi anunciada polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, tras a caída dun tileiro no Parque de San Lázaro á mañá deste xoves, 13 de agosto. O rexedor comentou que “Os parques teñen que ser seguros, e o que ocorreu hoxe ten que ser algo puntual e esporádico”.

O Concello encargará o estudo á empresa que xestiona os espazos verdes da cidade e disporá dun diagnóstico inmediato da situación. Unha empresa especializada realizará un outro estudo máis detallado para evitar accidentes nos parques máis concorridos. “Temos que facer unha auditoría de todas as árbores de Ourense que teñan grandes dimensións e que poidan ter un potencial risco e circunstancias similares, por ter rego automático e atoparse en zonas máis concorridas”, indicaba Pérez Jácome.

 

O exemplar caído hoxe. / Foto: cedida.

 

Noutro ámbito, xa comezaron tamén os traballos de retirada da árbore caída. As grandes dimensións do exemplar e a forte chuvia que caeu onte na zona serían, presumiblemente, as causas do accidente. Ao lugar se desprazaban o rexedor e o xefe do Servizo de Medio Ambiente, quenes constataban que non se produciran danos persoais nin materiais de relevancia.

Artigos relacionados

Back to top button