ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Arboretum da Rúa vai collendo forma

Esta mañá plantáronse unha trintena de árbores de distintas especies na zona do Aguillón

Con motivo da celebración do Día da Árbore de 2016 comezaba a configurarse o Arboretum da Rúa, un espazo que pretende ser un entorno de diversidade vexetal con distintas especies de árbores e arbustos á beira do río Sil.

O obxectivo desta iniciativa, na que colaboran o Distrito Forestal XIII da Consellaría de Medio Ambiente, O Concello da Rúa e os centros escolares da vila, é continuar de cara ao futuro coa incorporación anual de novas especies e pés de árbore.

Así, de novo con motivo do Día da Ábore estaba prevista a plantación hai unhas semanas, pero a meteoroloxía adversa impedíu que se levara a cabo tendo que aprazala ata a mañá do 3 de abril. En torno ás once da mañá, numerosos alumnos do Colexio Diocesano Pablo VI-Fátima, do IES Cosme López e do CEIP Manuel Respino, axudaron aos axentes forestais a plantar unha trintena de árbores aportadas polo Concello: cereixóns, rebolos, loureiro, tilo, nogueiras, vidueiros,…

Ademais de na Rúa, o Distrito XIII tamén conmemorou o Día da Árbores coa plantación noutros concellos como A Veiga, Castro Caldelas, Rubiá ou O Barco, coa colaboración en cada caso do Concello correspondente e os centros escolares.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button