CD ArenteiroDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

O Arenteiro estrea tempada cunha vitoria no amigable ante o Compostela

Co 2-1 no marcador remataba o partido disputado na tarde do 26 de setembro no campo de Espiñedo

 

Tras meses sen xogar despois de rematar a pasada liga de forma drástica por mor do confinamento provocado polo coronavirus, eran moitas as ganas de volver ao campo de fútbol para desfrutar dun partido, aínda que fose con mascarillas, sen contacto e cun aforo máis que reducido, ademais dun estrito protocolo para acceder ao campo (lectura dixital de carnés, control de temperatura, utlilización de xel,…). Por iso a expectación era máxima para o amigable que o CD Arenteiro de terceira división e a SD Compostela, recén ascendida a segunda B, disputaban na tarde deste sábado 26 de setembro.

 

O presidente do CD Arenteiro, Argimiro Marnotes.

 

Era o primeiro test de nivel para o plantel que este ano competirá ás ordes de Fran Justo, o novo míster procedente do Ourense C.F. e o resultado non pudo ser máis satisfactorio. Para evitar contacto entre os asistentes a taquilla abría as portas ás catro e media da tarde, pero non era ata as seis cando comezaba o encontro. En apenas 14 minutos, Rubén Arce (que este ano regresou ao Carballiño) abría o marcador local, marcando de novo oito minutos máis tarde. Os composteláns reaccionaban e no minuto 30 poñían o 2-1 no marcador, intentando por ambas partes seguir sumando pero sen éxito. Tralos 90 minutos reglamentarios o árbitro pitaba o final con esta primeira vitoria para o conxunto verde.

 

Once titular do Arenteiro.

 

Con todo, a tempada en terceira división (Grupo 1B) non comezará ata o 18 de outubro e na primeira xornada o Arenteiro (club que preside o ex alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes) xogará a domicilio contra o Arousa. O segundo partido, o primeiro oficial en casa, levará ao campo de Espiñedo, o primeiro derbi provincial da tempada: CD Arenteiro-Ourense CF.

 

Afeccionados nas bancadas de Espiñedo.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button
Close