EconomíaEconomíaÚltima hora

O arqueólogo de orixe barquense Lauro Olmo clausurará a asemblea de AEVA

Este acto lugar na tarde do vindeiro xoves 21 de novembro no Restaurante Fernando III do Barco

 

O arqueólogo Lauro Olmo Enciso.

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) celebrará o vindeiro xoves 21 de novembro a súa asemblea ordinaria anual a partir das 20:45h. no Restaurante Fernando III do Barco. Despois deste encontro terá lugar un acto de recoñecemento ás empresas que cumpren 20 anos dentro da asociación e, seguidamente, procederase ao acto de clausura no que se contará co arqueólogo de orixe valdeorresa Lauro Olmo Enciso, director do Parque Arqueolóxico de Recópolis (Zorita de los Canes-Guadalajara).

Este investigador é “fillo do dramaturgo barquense Lauro Olmo Gallego, e a invitación á clausura obedece á súa acredita experiencia na posta en valor de recursos patrimoniais e paisaxísticos, á súa vinculación coa comarca e ao coñecemento das potencialidades de Valdeorras dende o punto de vista da promoción turística”, segundo se explica dende AEVA.

Artigos relacionados

Back to top button