EconomíaEconomíaÚltima hora

O “Arroz con Carabineros” do Ataranza recibe tres, dos catro premios, do concurso “Sabores de Ourense”

A entrega de galardóns tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ourense

Os gañadores dos premios do da sexta edición do concurso Sabores de Ourense, Pinchos de Primavera, que se celebrou do 27 de abril ao 7 de maio, déronse cita hoxe, 15 de maio, no Salón de Plenos do Concello para recibir os seus galardóns. Os encargados de entregar os premios foron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar; o secretario da Unión de Hostaleiros de Ourense, Javier Outomuro e o presidente da Denominación de Orixe O Ribeiro, Felicísimo Pereira.

O concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar, agradeceu a todos os participantes e deu a noraboa aos gañadores. Pola súa banda, o secretario da Unión de Hostaleiros de Ourense, Javier Outomuro, salientou a grande participación: “houbo moitos pinchos e moi ben elaborados”, dixo. Finalmente, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, pechou a quenda de agradecementos dicindo que “a resposta foi moi positiva este ano por parte do público”.

Tras os agradecementos, chegou a hora de dar os premios. Primeiro entregaron os premios, xa anunciados con anterioridade, do Xurado Profesional, que foron para o Gastrobar Sanmiguel por “O atún e a primavera” (1º premio); o segundo foi para o Barcelo, por “Choco donut”, e o terceiro foi para o Tapa Negra, por “Tesouro Mariño”. ( para saber máis sobre os gañadores do permio do xurado, preme aquí )

Pola súa banda, a soberanía do público deulle o primeiro premio ao pincho “Mar ao vivo”, do Fuentefría. O segundo premio foi para A Casa do Pulpo, por “Polbiño de rocha brasado” e o terceiro foi para Ataranza e o seu “Arroz de Carabineiros”. Segundo informaron dende a organización, contabilizáronse un total de 1.600 papeletas válidas e 64 nulas, o que dá lugar a un mínimo de 3.500 pinchos contabilizados, “sen contar os que non se votaron”, dixeron.

No eido do premio “Pincho Celíaco”, outorgado pola delegación provincial de Ourense da Asociación de Celíacos de Galicia, o galardón foi para o “Arroz de carabineiros” do Ataranza.

Finalmente, déronse os premios da aplicación móbil #Sobres de Ourene . Nesta categoría o público votaba a través desa “app” o seu pincho favorito. Neste eido, o primeiro premio foi para o Fuentefría e o seu “Mar ao Vivo”; o segundo foi para o “Salpicón de pescada e gambas” do Bar Ideas e, o terceiro, novamente para o “Arroz con carabineiros do Ataranza”.

Para rematar, pasaron a entrega dos premios do sorteo dos patrocinadores de Sabores de Ourense, que ían dende estoxos de viño, queixos e lotes de produtos.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button