CulturaCulturaÚltima hora

O artista Alberto Pena expón no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense

A mostra “Corpo, natureza e conciencia” poderá visitarse ata o 17 de febreiro
Alberto Pena, Rosendo Fernández e Francisco González, na presentación da exposición.

“Busco natureza como un recolector, lévoa ao estudo e convértoa en símbolos, a través dun proceso tan antigo como é a técnica da impronta, a cal emprego con técnicas tan contemporáneas como o uso de spray”. Así explica Alberto Pena o proceso de creación da mostra “Corpo, natureza e conciencia” que comeza na “paisaxe que me rodea”.

Dende hoxe e ata o 17 de febreiro, poderá verse no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, esta exposición de pintura na que o artista, traslada aos lenzos a súa paisaxe interna, cos cadros distribuídos polas instalacións do hall e da sala cero deste espazo cultural.

A nivel conceptual esta mostra trata de integrar o organismo coa natureza, segundo explicou Alberto Pena na presentación na que estivo acompañado polo vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández e polo director do centro cultural Francisco González. No acto, o artista adiantou que os visitantes atoparanse con obras nas que “creo imaxes reparadoras, que asocio coa psicoloxía humanista, coa psicoterapia, porque a idea é que a creación artística significa traballo interior, como unha transformación vital, polo que os cadros mostran o meu crecemento persoal tamén”. Por último, nas obras tamén están presentes as polaridades, “hai como dúas cousas confrontadas, pero a imaxe ten a capacidade de integrar historias que están confrontadas e superar contradicións”, explicou Pena.

Artigos relacionados

Back to top button