CulturaCulturaÚltima hora

O artista barquense Iván Prieto expón as súas ‘equilibristas’ en Art Madrid

A feira de arte contemporáneo estará aberta ata o 27 de febreiro na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles

 

Dende onte e ata o 27 de febreiro celébrase na Galería de Cristal do Pazo de Cibeles, a edición 2022 de Art Madrid, unha cita ineludible coa arte contemporánea que cada ano conta con maior presenza internacional e atrae un maior número de visitantes.

Este ano, no que celebra o 17 aniversario reúne ao redor de 40 galerías que achegan unha visión actual e fresca do panorama artístico mundial, ofrecendo a oportunidade de ver a gran produción que tiveron algúns dos seus artistas neste último ano.

 

 

Entre esas galerías está Moret Art da Coruña e entre os artistas presentes o barquense Iván Prieto que, tal como el mesmo explicaba nunha entrevista recentemente publicada en O Sil, participa con algunhas equilibristas da exposición Aequilibrium, “figurines en cerámica coas que estiven traballando de forma paralela aos bustos e cabezas”, di. Trátase dunha serie que foi evolucionando nos últimos anos no tema do corpo que cada vez é máis abstracto, intentando combinar formas xeométricas,… “Aí sempre hai un mundo por explorar e segue sendo tipo figurín pero investigando máis na forma, é unha mestura entre abstracción e figuración”, explica Iván Prieto, incidindo no feito de que noutros proxectos “igual é figuración máis clara (bustos e cabezas, unha parte máis inquietante) pero neste caso é unha mestura de deseño e figura, quizais máis atractivo para o público, a parte máis amable da obra”.

 

 

Así, en Madrid podemos ver obras como Hybrid Girl, 2021; Madame Salamander, 2021; ou La Espera, 2022, entre outras, todas en cerámica esmaltada e acrílicos.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button