CulturaCulturaÚltima hora

O artista David Lamelas presenta en Trives a súa exposición no CGAC

O artista Davide Lamelas, con raíces en Manzaneda./ Foto: CGAC.

 

O Auditorio Julio Vázquez de Trives acollerá este mércores 28 de xullo ás 19:30h. un acto no que o artista arxentino, pero de orixes en Manzaneda, Trives e Castro Caldelas, David Lamelas presentará a súa exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), que está comisariada por  Pedro del Llano.

“Supón un auténtico privilexio que David escolla o noso pobo para a presentación da súa exposición retrospectiva e que o fai, como todos os que levamos a nosa terra no sangue, que temos aquí as nosas raíces, e que sempre a temos e teremos presente aínda que as circunstancias da vida obriguen, como sucedeu coa súa familia a ser fillos da emigración”, tal e como se destaca dende o Concello de Trives.

 

 

 

Ademais destacábase que “David é un de esos poucos artistas internacionais que traspasan fronteiras, que dende Arxentina, onde é profundamente admirado, desenrola a súa obra para o mundo expoñendo en museos internacionais de primeiro nivel como por exemplo no MOMA de Nova York. Dende o Concello agradecemos a David e facemos público o noso orgullo porque sexa dende aquí, onde abre esa importante exposición que, coincidindo co Ano Santo, ano Xacobeo, será visitada por milleiros de persoas”.

“David Lamelas. Lonxe, América” é a primeira retrospectiva deste artista en España. Xa pode visitarse no CGAC e permanecerá no centro compostelán ata o 3 de outubro. A mostra documenta os vínculos con Galicia do artista, fillo de emigrantes galegos, e incide na importancia do debuxo e do proxecto ao longo da súa carreira. Ademais, presenta varias intervencións que entran en diálogo coa arquitectura deste museo que as acolle, deseñado por Álvaro Siza.

Artigos relacionados

Back to top button