OurenseÚltima hora

O artista plástico francés Jonathan Choin expón en Ourense

A Galería Visol acollerá do 5 ao 30 de novembro unha selección da súa obra ‘Voyages pigmentés’
Unha das obras, de técnica mixta, de Jonathan Choin.
Unha das obras, de técnica mixta, de Jonathan Choin.

Dende hoxe, xoves día 5 ata o 30 de novembro, a Galería Visol (Santo Domingo, 33) de Ourense acollerá a exposición “Voyages pigmentés”, unha selección das obras, de técnica mixta, do artista plástico francés Jonathan Choin.

O itinerario artístico de Jonathan Choin consiste en coleccionar materiais (naturais ou artificiais, recordos ou momentos fotográficos) nunha primeira etapa e ensamblalos nunha segunda, tendo como base os materiais en papel, ben sexan periódicos, seda, tickets ou fotografías.

Na obra deste artista, os elementos recolectados en todo o mundo fusiónanse nun baixorrelevo que propón a todo aquél que o observa percorrer un itinerario propio. Un percorrido táctil, olfativo, visual, gustativo ou auditivo, a elección propia.

Artigos relacionados

Back to top button