En portadaÚltima hora

O artista valdeorrés Chere abre a Semana de Cine do Barco coa exposición “Camiñantes”

Dentro das actividades de inauguración haberá documentais, curtas e homenaxes

O artista, Chere. Foto: Mónica G. Bellver.

 

O vindeiro venres 29 de agosto, inaugúrase a XXIX Semana de Cine do Barco. Así, o artista barquense Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”, abrirá o programa coa presentación da súa exposición “Camiñantes” ás 19h. Non é a primeira vez que este creador participa nesta actividade, pero este ano cambia totalmente de rexistro. Deixa a súa característica pintura erótica e viaxa ao seu interior. Observa a xente anónima, a “camiñantes”, que andan por diferentes escenarios como as praias de Galicia.

 

Unha das súas obras.

 

As outras actividades que compoñerán este acto de inauguración, serán o visionado do documental “Importancia da música no cine” de Anxo Santomil; e a proxección da curta “Un mundo salvaxe”, do valdeorrés Rodrigo Marini, con actores da talla de Javier Cansado e Fernando Albizu.

 

Por último, proxectarase o documental gañador do Mestre Mateo, “Idénticas”. Este galardón exhibirase no hall do Teatro Lauro Olmo durante toda a semana.

 

 

Esta nova edición da Semana de Cine do Barco será organizada polo Cine Club Groucho Marx.

 

Programa completo.

Fotos da exposición cedidas por Chere.

Artigos relacionados

Back to top button