CulturaCulturaÚltima hora

O artista valdeorrés Enrique Fernández Prada participa nunha exposición en Corullón

A mostra pode visitarse no Hotel Rural Villa Mencía ata o remate das xornadas gastronómicas do 8 de decembro

 

O pintor barquense, Enrique Fernández Prada, participa nunha exposición colectiva instalada no Hotel Rural Villa Mencía do concello berciano de Corullón. Na mostra, que dura ata o remate das xornadas gastronómicas do 8 de decembro,  tamén están presentes obras dos artistas Vicente Guerrero e Cristina López Gaztelumendi.

Fernández Prada, natural do Barco e graduado en Belas Artes, foi galardoado coa beca de Pintores Pensionados de Segovia, a beca Sicue de Sevilla e a beca dun ano de Belas Artes en Moncton (Canada). Vicente Guerrero, pola súa parte, é socio fundador da Asociación de Pintores de El Bierzo; traballa a paisaxe e obtivo varios premios en certames de pintura rápida. López Gaztelumendi, pintora figurativa contemporánea, recibiu formación de grandes artistas do momento tales como Antonio López, Carmen Mansilla, Golucho, Coronado ou Jose Luis Ceña. A exposición non será fixa e os artistas cambiarán as obras no transcurso dos meses.

Noutro ámbito, a localidade de Vilafranca do Bierzo celebra os días 24, 25 e 26 de xullo a terceira edición do “Encuentro de las Artes”, este ano dedicada íntegramente á comarca de Valdeorras. A exposición está organizada pola Asociación de Pintores de El Bierzo en colaboración co Concello de Vilafranca.

Fotos: cedidas.

 

Cartel da exposición en Corullón.

 

Cartel da exposición en Vilafranca.

Artigos relacionados

Back to top button