En portadaÚltima hora

O asfaltado ao longo da estrada xeral do Barco continuará a próxima semana

Valos colocados na avenida Conde Fenosa do Barco, no centro do Barco, por onde continuarán as obras de asfaltado da travesía da N-536/ Foto: A.R.

 

Os traballos de asfaltado da travesía da N-536 ao seu paso polo Barco, que se iniciaban o pasado mércores na avenida Conde Fenosa, continuarán na vindeira semana por esta mesma avenida e despois pola rúa Marcelino Suárez e pola avenida Manuel Quiroga. Así o anunciaba o alcalde do Barco, Alfredo García, na sesión plenaria celebrada no xoves 11 de novembro.

“Inicialmente estaba previsto que se asfaltase ata a altura da rúa Ourense, porque as temperaturas son frías e que non ían seguir, pero onte os responsables do Ministerio de Transportes decidiron que, como dan bo tempo para a semana que vén, van continuar. Xa chegaron á rúa Ourense, o venres non traballarán, e o luns van continuar e facer o que é a travesía ata Viloira, polo tanto, nunha semana quedará rematado o asfaltado”, explicaba o rexedor barquense.

A obra executarase durante o día. “Van poñer persoal con sinais para regular a circulación”, matizaba Alfredo García. Esta actuación de asfaltado tamén implicará, tal e como sucedía en Conde Fenosa, certas limitacións ao moverse en vehículos pola zona na que se estea traballando e tamén a prohibición de aparcar.

 

Artigos relacionados

Back to top button