CulturaCulturaÚltima hora

O Ateneo de Ourense acolle unha exposición sobre Manuel María

A mostra, que aborda a personalidade do autor e a evolución da súa obra, permanecerá aberta do 17 ao 30 de novembro
Cartaz da exposición sobre Manuel María no Ateneo de Ourense.
Cartaz da exposición sobre Manuel María no Ateneo de Ourense.

Este xoves, 17 de novembro, ás sete da tarde inaugúrase no Ateneo de Ourense a exposición “Manuel Mª, beleza, amor e compromiso (1929-2004)”. Unha mostra que aborda, dun xeito ameno e gráfico, a personalidade do autor e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais.

A identificación do poeta coa terra e a paisaxe, o seu compromiso coa lingua galega, a súa faceta de clásico e precursor da vizosa literatura infantil galega da que hoxe gozamos, a súa participación na vida política, a súa poesía intimista ou a variedade de xéneros literarios son algúns dos aspectos nos que afonda a mostra, enmarcada na programación de actividades conmemorativas das Letras Galegas 2016 posta en marcha pola Xunta e pola Casa-Museo Manuel María.

A exposición permaneceá aberta ata o vindeiro 30 de novembro para “difundir a traxectoria vital e literaria do poeta da Terra Chá”, explican dende o Ateneo.

Artigos relacionados

Back to top button