OurenseÚltima hora

O Ateneo de Ourense acolle unha nova edición do Memorial Peña de xadrez o día 22

Haberá premios para os tres primeiros clasificados xerais e para o primeiro de cada categoría
Cartel do memorial.
Cartel do memorial.

O Ateneo de Ourense acolle un ano máis unha nova edición do torneo de xadrez en memoria de Xosé Henrique Rodríguez Peña. Será o vindeiro 22 de outubro a partires das 16 horas na súa sede, sita na avenida da Habana. Haberá premios para os tres primeiros clasificados na táboa xeral e para o primeiro de cada categoría: sub 14, veteranos, equipo do Ateneo e socio do Ateneo. O campionato levarase a cabo baixo a supervisión do árbitro Manuel Ángel García Fernández. Contan co patrocinio do Consello Municipal de Deportes de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button