DeportesÚltima hora

O atleta José Hervella, de Manzaneda, campión galego de lonxitude Sub10

Ademais facíase coa prata nos 50 ml, mentres o seu compañeiro nas escolas deportivas trivesas, Nicolás Sierra, era subcampión en altura Sub14

José Hervella, co seu adestrador nas Escolas Deportivas do Concello de Trives, Tino Sierra./ Foto cedida.

 

Ata tres medallas sumaban os atletas da comarca das Escolas Deportivas do Concello de Trives no Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 de pista cuberta que se disputaba o 19 de decembro en Expourense. A competición, que só incluía concursos, valos e velocidade; contaba cunha importante participación de  atletas da base, achegados de todos diferentes partes de Galicia en representación de todas as Delegacións.

Entre as mellores actuacións figuraba a do atleta de Manzaneda José Hervella Álvarez, alumno das escolas deportivas trivesas e que competía coa camiseta do Club Adas do Barco. Conseguía dúas medallas na categoría Sub-10: o ouro en lonxitude (cunha marca de 3,58) e a prata nos 50 ml, coa mesma marca que o ganador da proba: 7.98.

Ademais o seu compañeiro nas escolas deportivas trivesas, Nicolás Sierra Rioz, que tamén vestía a camiseta do Adas, proclamábase subcampión galego en altura Sub14, cunha marca de 1.45. Nesta proba galega tamén participaban outros atletas triveses con marcas destacadas.

 

O atleta trivés Sub14 Nicolás Rioz, nunha competición anterior./ Foto cedida.

 

Dende o Concello de Trives destacan que “sentímonos profundamente orgullosos de todos eles e seguiremos a traballar para aumentar as súas dotacións deportivas. Se en algo serviu o acondicionado da pista de atletismo e a dotación de material deportivo que fixemos fai ben pouco, eles aínda merecen máis. Queremos para Trives unha pista profesional”.

A Federación Galega de Atletismo fai un balance moi favorable desta competición. “A nivel de actuacións, salientamos o excelente comportamiento de todos e todas cantas estiveron compitindo na instalación cuberta, ofrecendo ós e ás asistentes unha auténtica xornada de festa atlética e deportivade”, asegura a federación.

 

Artigos relacionados

Back to top button