DeportesÚltima hora

O atleta valdeorrés Alejo Ares (Adas), campión galego de milla en ruta

Na categoría feminina da proba disputada en Santiago, impoñíase Raquel Meaños do Valencia Esports
Alejo Ares e Raquel Meaños no alto do podio./ Foto: FGA.

Alejo Ares, atleta do ADAS Proinor do Barco de Valdeorras, segue sumando títulos ao seu currículo deportivo. O último conseguíao o pasado domingo en Santiago de Compostela onde se convertía no novo campión de Galicia absoluto de milla en ruta.

O deportista valdeorrés impoñíase cun rexistro de 4:34 seguido por Elian Numa López do Coruña Comarca a un segundo do campión, e por Ivo Maseda do Lugo RC Ramos Loures a tres segundos.

Na categoría feminina o triunfo era para a internacional do Valencia Esports, Raquel Meaños, que entraba en liña de meta cun crono de 5.34. A prata foi para Laura Santos do Lucus C.R. con 5:40 e o bronce para Aida Martínez do Atletismo Porriño con 5:59.

Artigos relacionados

Back to top button