DeportesÚltima hora

O atleta vianés Carlos Beltrán Álvarez logra a medalla de prata no Encontro Internacional sub20 de pista cuberta

Era segundo na modalidade de salto de lonxitude na proba disputada na capital de Bielorrusia

Carlos Beltrán en Minsk, Bielorrusia.

 

Non é a primeira vez que Carlos Beltrán Álvarez dá unha alegría á súa familia de Viana do Bolo. Hai menos dun ano lograba a medalla de bronce en salto de lonxitude no nacional de atletismo sub18 clasificándose para formar parte da selección española e onte, 26 de febreiro, conseguía a prata no Encontro Internacional sub20 de Pista Cuberta celebrado na capital de Bielorrusia, Minsk.

O atleta vianés, residente na Rioxa foi un dos 24 seleccionados para representar a España nestas probas que se están enfrontando ás seleccións de Bielorrusia, Ucrania, Israel, Estonia, Letonia, Lituania, Italia, Polonia, Kazajistán, Azerbaiyán e Turquía. No primeiro intento Carlos Beltrán saltaba ata os 6,86 metros, sendo no terceiro cando chegaba ata os 7,31 metros, quedando a tan só 1 centímetro do vencedor, distancia que repetía no quinto salto e que lle daba a prata e 12 puntos para a selección española.

Artigos relacionados

Back to top button