DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O atletismo base volve ser protagonista no Barco

As pistas de Calabagueiros, escenario da III Xornada previa de Atletismo en pista “Xogade” e dun control de marcas este 11 de maio

Numerosos atletas de categorías base de clubs de Valdeorras, Trives e Viana volvían darse cita neste sábado 11 de maio nas pistas barquenses de Calabagueiros. Nelas desenvolvíanse as III Xornada previa de Atletismo en pista “Xogade”, xunto co control de marcas.

A competición iniciábase a partires das 16:45h. salto de lonxitude alevín-Sub12 (masculino e feminino), seguido polos lanzamentos de martelo infantil-Sub14 (masculino e feminino) e Aub16/Sub18 feminino. A partir de aí estaban previstas diversas carreiras, lanzamentos disco, pelota, peso, salto de pértega e lonxitude ata rematar coa marcha.

Esta actividade deportiva está organizada pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA), co patrocinio do Servizo Provincial de Deportes da Xunta. O control das probas está e mans do Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button