AletismoDeportesÚltima hora

O atletismo galego volta á competición neste verán

A federación galega vén de aprobar o avance de calendario de probas 2020

Competición de atletismo nas pistas de Calabagueiros (O Barco), na pasada tempada./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Xa hai datas para as competicións de atletismo neste verán en Galicia. A Federación Galega de Atletismo vén de aprobar o 30 de xuño o avance do calendario de probas 2020 a través de consulta telemática efectuada aos membros da súa xunta directiva e da súa comisión delegada.

“Este calendario de mínimos nace coa vontade de ser todo o flexible posible en canto a ampliación de máis actividade, partindo sempre da premisa de máxima responsabilidade e
prevención fronte a evolución da pandemia”, sinala o director técnico, Carlos Castro.

Deste documento destaca como data importante a disputa do Campionato de Galicia Absoluto, que se desenvolverá conxuntamente cos Sub18, Sub20 e Sub 23 nas pistas
Universitarias da Coruña. As datas serán o 29 e 30 de agosto con posibilidade de amplialo un día antes, o 27 do mesmo mes.

Para facilitar a consecución de marcas míninas establécense dous controis federativos para o día 15 de agosto e o día 21, coincidindo este último co Meeting Ourense Termal. Ademais para o mes de setembro están programados para o día 26 o Campionato de Galicia Sub14 e Sub16 e un día máis, o 27, o Campionato de Galicia Máster, aínda sen sede.

Liga Abanca e outras citas, no outono

“Sempre e cando as condicións sexan as favorables”, a FGA prevé a volta a Liga ABANCA no mes de novembro nas xornadas do 14, 21 e 28 xunto ao Campionato de Galicia de Marcha en pista para o día 22, estando reservado o 19 de decembro para os Campionatos Sub10, Sub12 e Sub14. O Campionato Galego de Combinadas de clubs terá tamén a súa celebración os días 26 e 27 do último mes do ano.

“No que atinxe aos Campionatos de ruta, estase traballando para podelos encaixar no mes de novembro, atendendo as características e complexidades destas probas en canto a concorrencia de atletas que sempre supoñen. Igual acontece cos distintos controis que nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro preténdense ir encaixando

Protocolo COVID-19

Ademais o 30 de xuño tamén resultaba aprobado o protocolo COVID-19 por parte da xunta directiva e da comisión delegada da FGA. Este documento xa foi remitido á Secretaría Xeral da Xunta de Galicia para o seu estudo e aprobación.

Artigos relacionados

Back to top button
Close